Wednesday 08 de May de 2024

O Concello organiza campamentos en Semana Santa para escolares de infantil e primaria


Para contribuír á conciliación familiar nas datas vacacionais de Semana Santa, os días 3, 4 e 5 de abril o Concello organiza un campamento para nenos e nenas de educación infantil e primaria. O CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz albergará esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas.

Todos aqueles pais e nais interesados poden solicitar máis información e inscribirse en ensino@oleiros.org ou presencialmente na Fábrica, antes do 19 de marzo.

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=fa22b393-92cc-4f06-a6b9-6b756dd19443&groupId=8046194